
Carlota Mosquera
Actriz e creadora
OURENSE 1992
Actriz e creadora son dous termos que abrazo, coido me definen ben.
Miña traxectoria profesional desenvólvese en Galicia, na escena e diante e detrás das cámaras.
Carlota e compañía (2026) é o meu proxecto teatral co que xiro a miña opera prima: Ninguén tira fotos nos enterros.
En escena, traballo e me implico con distintas compañías e colectivos de artes vivas , tales como: Redrum teatro (Nas Nubes), Colectivo do flow, con espectáculos regulares de impro teatral; Determinada cía (espectáculo Nina Ninette); Marta Alonso Tejada cía (técnica en Bailar Agora), e Pornós teatro (FARTS , Vendo Opel Corsa)

Ao mesmo creo contido para redes, pola miña conta e, o que máis me presta, dentro de proxectos culturais diversos (ABANEA, Escora Danza, Concertos do Xacobeo 2026, Reino da Galiza a Escena...) contextualizandoós e expandíndoos ao medio dixital.
Por último, participo, dende 2021, en diversos programas de entretemento na TVG , como redactora, reporteira e colaboradora:
Hora Galega (Ficción producciones), Dígocho Eu, O amor está en Galicia, Aquí Galicia (Setemedia), Incombustibles (Mirabelle) ou Xuntos (Zenit). Procuro achegar frescura e escoita no meu xeito de facer pantalla.
Pero vaia, que si queres ver estes datos con orde e profundidade, déixoche aquí un botón para que descargues o meu currículum.
> Interpretación textual, ESADg [2016-2020]
> Comunicación Audiovisual, USC [2010-2014]
<3 Interpretación, Improvisación, Fotografía, Creación e xestión de contido.