Carlota Mosquera
Actriz e creadora
- ESTREA MUNDIAL // PRIMEIRO SEMESTRE DE 2026 -
16 de Xaneiro no Teatro Rosalía de Castro
Autoficción / Monólogo interactivo
55 min
Público xeral
Idioma galego
Dramaturxia e dirección: Carlota Mosquera
Interpretación: Carlota Mosquera e Sol Álvarez
Fotografía en Vivo e deseño : Sol Álvarez
Iluminación: Neicherman
Dirección de movemento: Marta Alonso Tejada e Onda Reboleiro
Vestiario: Neme Vázquez
Escenografía: Juan Ares
CONTACTO DISTRIBUCIÓN:
Carlota Mosquera
670 627 711
PREMIO A MELLOR INTERPRETACIÓN
FIOT CARBALLO 2023
Certame M2
PEZA GAÑADORA DO CERTAME
Pezas dun teatro do porvir
2024
AELG
Ninguén tira fotos nos enterros conta a historia dun feito sorprendente: unha familia celebrou, no mesmo día, unha voda e un enterro. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día.
Con tenrura, humor, participación do público e técnicas de fotografía en vivo como a cianotipia, proponse unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia.



Pódoche facer unha pregunta?
Non me tes que respostar se non queres:
Ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?









